Saltar ao contido

Isaac Peral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIsaac Peral

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1851 Editar o valor en Wikidata
Cartaxena, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de maio de 1895 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da morteotite média, cancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMausoleum of Isaac Peral (en) Traducir (1927–)
Cemiterio de La Almudena (–1911) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoSubmarino Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor, militar, enxeñeiro, tripulante de submarino, político Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra dos Dez Anos
Terceira Guerra Carlista
Primeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

BNE: XX953898 Find a Grave: 176756982 Editar o valor en Wikidata

Isaac Peral nado en Cartagena, Murcia, o 1 de xuño de 1851 e finado en Berlín o 22 de maio do 1895, foi un científico e mariño, inventor do submarino Peral (1885), primeiro submarino da historia que contaba cun sistema de lanzamento de torpedos, o mesmo dos submarinos actuais. Tras unha pequena mais intensa carreira como mariño da Armada Española, interveu na guerra de Cuba e na Terceira Guerra Carlista, acreditando pericia e valor, polo que foi felicitado e condecorado. Tamén destacou en traballos e misións de carácter científico: escribiu un Tratado teórico práctico sobre huracanes e traballou no levantamento dos planos do canal de Simanalés (Filipinas).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Isaac Peral.

No 1883 fíxose cargo da cátedra de Física-Matemática da Escola de Ampliación de Estudos da armada española. No 1885, trala denominada crise das Carolinas, na que Alemaña intentou arrebatar este arquipélago a España, Isaac Peral considerouse na obriga de comunicar aos seus superiores que tiña resolto definitivamente o reto da navegación submarina. Tras un rigoroso análise do seu proxecto, por parte dos máis cualificados científicos da mencionada Escola de Ampliación, estes deron a súa aprobación para que fose trasladado ó ministro da Mariña, Almirante Pezuela, quen recibiu o proxecto con caloroso entusiasmo. Mais os sucesivos ministros que lle sucederon, amosaron indiferenza ou aberta hostilidade (Almirantes Ródriguez de Arias e Beránger).

Malia todo e grazas ó apoio da Raíña Rexenta María Cristina, o submarino foi finalmente botado o 8 de setembro do 1888. O buque medía 22 metros de eslora, 2,76 de puntal, 2,87 de manga e desprazaba 77 toneladas na superficie e 85 en inmersión. A propulsión obtíñase de dous motores eléctricos de 30 cabalos cada un, a enerxía subministrábaa unha batería de 613 elementos. Incorporaba ademais un tubo lanzatorpedos, tres torpedos, periscopio, un sofisticado "aparato de profundidades", que lle permitía ó submarino navegar en inmersión á cota de profundidade desexada polo seu comandante e manter o trimado do buque en calquera intre, incluso tralo lanzamento dos torpedos. Incluía tamén tódolos mecanismos precisos para navegar en inmersión cara ao rumbo prefixado.

Submarino de Peral no 1888.

As probas oficiais desenvolvéronse ao longo de 1889 e 1890. Convén dicir que non se lle concedeu permiso para efectuar a proba clave, que solicitara o propio inventor: atravesar somerxido o estreito de Xibraltar, dende Alxeciras até Ceuta. Malia o cal, amosou nas probas que se verificaron, que podía navegar en inmersión á vontade do seu comandante, co destino, rumbo e cota prefixados e en mar aberto. Ademais, amosou que podía atacar, sen ser visto, a calquera buque de superficie. A Comisión Técnica nomeada ó efecto, avalou o éxito das probas do primeiro submarino da historia. Porén, escuros intereses nunca aclarados, motivaron que as autoridades do momento desbotasen o invento e alentasen unha campaña de desprestixio contra a persoa do inventor, quen tivo que solicitar a baixa na Mariña e tentar aclarar á opinión pública a verdade de ocorrido.

O 5 de novembro do 1891 licenciouse do servizo, e foi operado de cancro en Madrid, mais impídeselle publicar o seu "Manifesto[1]" en ningún medio de comunicación. Finalmente, conseguiu publicalo, costeándoo do seu peto, nun periódico satírico chamado El Matute.

Adicado á vida civil, conseguiu fundar varias empresas con éxito, relacionadas coa súa especialidade, o aproveitamento da enerxía eléctrica.

O 4 de maio do 1895, Peral trasladouse a Berlín para ser operado de cancro, mais un descoido nas curas produciulle unha meninxite que rematou coa súa vida o 22 de maio. O 11 de novembro de 1911 trasladáronse os seus restos mortais a Cartagena.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Manifiesto de Isaac Peral publicado en el periódico Matute.". PARES. Consultado o 2024-04-07.